Tono Romero, técnico do Queiruga: «Poñernos como candidatos ao ascenso é un erro»

S. GÓMEZ

BARBANZA

MANU ROMERO

Despois dun gran papel nas categorías inferiores do Aguiño, encara o seu segundo curso á fronte do Queiruga

08 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A pesar da súa xuventude, Tono Romero (Porto do Son, 1986) gañou boa fama nos bancos de Barbanza. Despois dun gran papel nas categorías inferiores do Aguiño, encara o seu segundo curso á fronte do Queiruga, club que está a facer un arranque de tempada de bandeira.

-Colócanos como candidato ao ascenso. Pero cal cree vostede que é o obxectivo?

-Para nós é intentar mellorar a posición do ano pasado, cando fomos décimos. Creo que hai catro ou cinco equipos que van a estar mellor ca nós. Non descartamos nada, pero poñernos como candidatos ao ascenso é un erro.

-Recuperaron a Diego Montaos.

-Si, volveu esta semana e foi quen marcou o gol da vitoria. Tiñan que pasar seis meses e pasaron xusto o día do Abanqueiro, pero non puido xogar.

-Gañaron aquel encontro contra un dos grandes favoritos.

-Si, pero o campo estaba fatal. Tocounos a nós, pero no minuto un xa tiveron un man a man. Non puideron facer o seu fútbol.

-Empezaron ben o curso.

-Arriba temos bastante potencial e estamos traballando moitas cousas defensivas. O ano pasado encaixamos 84 goles, temos que ser un pouco máis sólidos atrás. Iso permítenos estar máis tranquilos.

-Cres que o voso campo, ao ser de terra, vos beneficia?

-O ano pasado, máis. Esta temporada intentamos arranxalo porque estaba moi duro. Botámoslle terra e alisamos, pero cando chove está fatal. Non lle beneficia a ninguén que queira xogar a algo.

-Verase céspede en Goirís?

-Sei que a directiva o pediu, pero o Concello está estudando se poñelo alí ou en Caamaño. Agora mesmo é un hándicap que temos, cando queres fichar a un rapaz sempre te atopas co problema do campo de terra.

-Aínda así movéronse moi ben no mercado.

-Si, fichamos a cinco futbolistas e a verdade é que nos facían moita falta. Incorporamos a un porteiro que nos dá moita seguridade e recuperamos a Riveiro e a Suso, que este ano contamos con el para toda a tempada. Graña que veu do Sálvora tamén dá moito no centro do campo e os tres de arriba son moi bos, pode saír un gol en calquera xogada. Agora hai que ser máis compactos.