Quixera aclarar dous conceptos. Primeiro, dicir que o persoal de atención ao paciente no hospital comarcal da Barbanza non ten queixa. As persoas que o atenden son profesionais que tratan de facer o posible, dentro das súas limitacións de dependencia laboral. E aí radica a cuestión: cando se lles presenta unha reclamación ou queixa, o servizo mostra as carencias da súa falta de independencia por mor da súa relación laboral e, polo tanto, carece da necesaria autonomía para velar polo cumprimento dos dereitos que asisten aos usuarios, converténdose nunca caste de mediadores paliativos das queixas.
O servizo de atención ao paciente debería estar nas mans de entidades autónomas que realicen a súa propia xestión no que atinxe ás reclamacións; tendo sempre en conta que a resolución independente que faga ese servizo, implicará unha mellora na calidade da atención médica ao paciente. José Vicente Domínguez. Palmeira