A escritora de Mazaricos presentará o sábado en Noia a súa segunda proposta narrativa
05 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Sábado • Casa de cultura de Noia • 20.00 horas • Despois da publicación de Escapados, a escritora de Mazaricos María del Carmen Rey Núñez regresa cunha segunda proposta narrativa, Mulleres. É unha historia de mulleres arriscadas, atrevidas e valentes que collen as rendas da súa vida a pesar das dificultades.
O volume será presentado este sábado en Noia, nun acto que contará coa participación da autora. Acompañarana na casa de cultura a investigadora Aurora Marco, en representación da asociación Barbantia, e Patricia Torrado, da editorial Toxosoutos.