¡Taxi!

José Rodríguez Cabeza

BARBANZA

07 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata onde eu alcanzo, a concesión das licencias de auto-taxi son, practicamente, competencia dos concellos que, simplificando, unhas circunscríbense a traballar dentro de cada municipio e outras para toda España. Legalmente están prohibidas as compra-venda das paradas, se ben, pola porta de atrás, creouse un mercado negro que seica é unha das causas que motivou o derradeiro motín-rebelión, que non unha folga que sería ilegal.

Este status quo é outra das moitas reminiscencias do social-franquismo, moi intelixentemente aproveitadas e disimuladas polo social-comunismo español; pero a causante deste despropósito foi unha tal Ana María Pastor Julián, esa mesma que por onde pasou arrasou (Sanidade e Consumo, Fomento e agora Presidenta do Congreso, que é máis comunista que Lenin), en contra do criterio da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) por ser unha medida inxustificada, desproporcionada e contraria aos intereses dos usuarios. Supoño que Pablo Casado tomará boa nota (pobre raparigo).

Porque tanto as plataformas de transporte como calquera persoa física teñen todo o dereito a estar no mercado do transporte cunha mesma regulación, que debe actualizarse para que deixe de ser un monopolio franquista, prohibido pola UE e pola kantiana lóxica da razón. Pero claro, nun país onde os partidos pseudoliberais se comportan contra natura pode cometerse calquera barbaridade, incluída a vulneración da liberdade e da igualdade das persoas. Como xa dicía o pai do liberalismo democrático, Friedrich Hayek, socialismo e totalitarismo son, esencialmente, o mesmo. Enténdese?