Boinas Verdes

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

03 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Supoñamos que o gremio creara, que ogallá, un gran concurso gastronómico anual sobre o mexillón da ría de Arousa e que a celebración da entrega de premios, por anuencia do concello pobrense, se viñese facendo habitualmente no cine Elma coa presenza dos reis e que o alcalde Lois Piñeiro vetara, polo motivo que lle petase, aos monarcas en tales eventos, semella que os mecanismos habituais do estado español non poderían, en principio, impedilo, a pesar de ser un inmoble financiado por moitas Administracións públicas.

Sen embargo, existe unha norma que deriva da propia Constitución que impediría que o mandatario pobrense puidera vetar a presenza do rei e da raíña, como, de xeito humillante, impuxo o concello de Girona e, de forma aberrante, permitiu Pedro Sánchez, coñecida como o principio de competencia, complementario do principio da xerarquía normativa.

Para que non se houbese producido un precedente tan perigoso nesta España invertebrada, tal como xa a describira Ortega y Gasset en 1921, o lóxico actuar do goberno central sería impoñer, pola forza lexítima, tal principio facendo uso do Grupo Especial de Operacións (GEO) e da Unidade Especial de Intervención da Garda Civil (UEI) e, como reforzo, por mor da inexplicable existencia dun corpo armado ás ordes da Generalitat -os Mossos d’Esquadra-, mandar os Boinas Verdes (Grupos de Operacións Especiais (GOE) do Exército), como salvagarda da representatividade que de todo o pobo español encarna Felipe VI, porque en situacións excepcionais cómpre medidas contundentes e exemplificantes.