Tempada de grelos

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

02 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

No verán do 2016, preocupado porque non atopaba nos hipermercados da diáspora mexillón fresco da ría, tiven unha interesante conversa no peirao pobrense cun responsable do Consello Regulador do Mexillón de Galicia que me agasallou cunha fermosa bolsa na que figura, en inglés, «namorarse de Galicia», xunto cos anagramas patrocinadores, tamén en inglés, «investimos na pesca sostible» da UE e «Galicia o bo camiño» que tanto furor fixo na propaganda da Xunta este verán de 2017.

Con esta iniciativa a DOP esperaba arranxar o problema da miña preocupación, se ben xa me advertía que un dos grupos máis grandes da distribución española negábase a comercializar deste xeito, negativa que persiste e que debería difundirse, do mesmo xeito que hai que salientar este titular de La Voz do 28/12/2017, «El 45 % de los provedores de Gadisa son firmas locales», algo que puiden corroborar, tanto en produtos do mar como da terra.

Agora, que estamos na tempada da gran raíña da verdura galega, as nabizas e os grelos, coido que é un momento propicio para falarlles do meu libro. Para elo quero dicirlles que, imitando o costume do meu sogro, remato moitas ceas cunha cunca de caldo. ¿E que facemos para gozar deste pracer? Moi sinxelo, mercámolos pola Internet, facémoslle un pequeno escaldado e conxelamos, de tal xeito que dispoñemos deles todo o ano. E pregúntome, ¿por que nos nosos restaurantes non inclúen nas súas cartas o lacón con grelos na época estival? Tamén podería ser interesante que Gadisa os comercializase deste xeito. Sería outro gran servizo a Galicia.