Ter un plan

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

05 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Caerán coma moscas, na parte que lles toque, os concellos con este reeditado Plan E do infausto ZP, que debemos rebautizar co nome que lle corresponde, Plan PEL-DAC (Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña). ¿Non queda mal, non si? ¡Como fardará nos carteis anunciadores de cara as municipais! Isto concorda perfectamente cos políticos que cando non teñen ideas inventan un «plan», así que ímolo glosar.

O devandito pivota, segundo o seu presidente, Valentín González, sobre tres eixos, o PEL dos concellos, o PEL dos autónomos, o PEL Emprende, entre outros inventos como o coworking. ¿Dende cando corresponde ás corporacións locais -as deputacións o son- destinar diñeiro público para crear emprego directo ou directamente subvencionado? Porque no que atangue ás axudas ás Pemes, a corporación provincial establece unha discriminación entre aquelas que se poidan acoller e entre as que non. E no que se refire aos concellos o obxectivo é acadar desempregados para a prestación de servizos sociais básicos. ¿Saberán estes incompetentes o que son servizos sociais?

Vexamos o fondo da cuestión. ¿De onde saca a Deputación coruñesa eses dez millóns de nada? Pois, entre outros, dos impostos que pagan as empresas e os traballadores do sector privado, o que, branco e en botella, tamén supón outra discriminación, ademais dunha competencia desleal contraria ás directrices da UE e tamén á redución do déficit público español.

Se a Deputación está preocupada pola creación de emprego no rural que comece por facer novas estradas e arranxar e limpar as existentes.