«Hai que devolverlle aos veciños o poder e o control do concello»

BARBANZA

Turnes preséntase por primeira vez.
Turnes preséntase por primeira vez. creo< / span>

O candidato nacionalista ve posible o cambio no concello de Lousame

15 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Amador Turnes (Lousame, 1966) veu no sentir do pobo a obrigación para dar o paso cara a primeira liña política. Fala cunha paixón desmedida mentres asegura que vai pelexar para que as cousas cambien o próximo 24 de maio.

-¿Por que se presenta?

-Hai unha deriva deshonesta na forma de levar o Concello, creo que hai que devolver aos veciños o poder e control do Concello, ademais de rematar co «amiguismo» e co caciquismo actual.

-¿Como valora os últimos catro anos?

-Lousame converteuse nun barco que vai á deriva, nun Concello de cuarta división que está controlado por xente que está de paso antes de marcharse para ocupar postos políticos en Santiago e Madrid

-¿Que define o voso programa?

-Temos cinco puntos principais pero sobre todo queremos fomentar a agricultura. O noso obxectivo é que a xente de a pé e os propietarios de granxas se axuden entre eles. Daremos facilidades para que se creen cooperativas agrícolas e que así se poida aproveitar o potencial desta vila.

-¿Cal sería a súa primeira medida?

-Auditar as contas e mellorar os servizos sociais. Non pode ser que haxa anciáns que non poden comer tódolos días.

Nunha palabra

Un libro: Juan Salvador Gaviota

Unha película: 2001, una odisea en el espazo

Un espazo: Á beira de calquera río

Un político: Lula da Silva

Unha cidade: Edimburgo

Unha comida: Carne á pedra

Un deporte: Fútbol

Un personaxe histórico: Rosalía

Unha canción: The logical song

Un desexo: Un país sen corrupción