Despois de traballar algún tempo por conta allea, Pablo Rodríguez abriu hai catro anos a súa propia óptica en Boiro, atraído polo movemento comercial que rexistra esta localidade.
-¿Que balance fai destes primeiros anos de andaina?
-Pois, moi positivo. Non pensaba que ía ser tan bo. O certo é que cando decidín montar o negocio barallei varias localidades, pero decanteime por Boiro, tanto pola poboación que ten como polo movemento comercial que rexistra. Creo que foi unha boa elección. -¿Como definiría o momento que atravesa o sector? -Hai un ano ou un pouco máis houbo unha caída importante nas ventas, sobre todo nas gafas de alta gama. Agora a xente mira os prezos e interésase moito polas ofertas, pero estanse a recuperar as ventas. -¿Inflúe niso o éxito que están a ter as gafas? -Pois si. A diferenza do que acontecía no pasado, as gafas, tanto de sol como graduadas, son hoxe un complemento, non só unha necesidade. -¿E cal é a tendencia para esta tempada? -Nas mulleres, monturas atrevidas de pasta e cores vivas. Os homes apostan máis polo negro e o marrón. -¿Como repercutiu o convenio para realizar as revisións nas ópticas? -Para nós foi positivo, porque xente que ven remitida pola Seguridade Social xa merca aquí as gafas.