Despedida dun restaurante mítico

La Voz

BARBANZA

HEVIA

Cousas da xente O Don Pancho pechou as súas portas despois de 35 anos de actividade

01 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Corría o ano 1972 cando Andrés Martínez Rodríguez e Carmen García se fixeron cargo do restaurante Don Pancho de Rianxo, que pechou as súas portas o pasado mércores. Nos últimos tempos encargábase da cociña Celia Martínez . Sen embargo, os donos actuais non poden atender o negocio e están dispostos a arrendalo. Entre os que acudiron á última xornada figuran Eduardo Varela , Andrés Martínez , tanto o pai como o fillo, José Novoa e Antonio Sobrino . A vila boirense conta, na rúa Pablo Iglesias, na esquina coa praza da Mancomunidade, cun novo local hostaleiro. Trátase da cafetería La Regional, ambientada na provincia da Coruña. A esta establecemento achegáronse varias autoridades boirenses despois da tradicional cea coa prensa. Entre os que decidiron rematar a noite neste local atopábanse os tenentes de alcalde Juan Jesús Are s e Xoán León , así como o concelleiro de Cultura, Gerardo Piñeiro . Os tres coincidiron en eloxiar a decoración. Dende o pasado mes, a casa de cultura da parroquia sonense de Miñortos exhibe de xeito permanente, xa que figura entre os seus fondos, uns paneis con imaxes e textos do libro Cartafol do Barbanza . Esta publicación consta de fotografías tomadas polo profesional Simón Balvís e duns escritos elaborados polo presidente do colectivo cultural Barbantia, Antón Riveiro Coello . No acto de inauguración estiveron presentes os dous protagonistas, que contaron tamén coa presenza do concelleiro de Cultura de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez . Os boirenses teñen á súa disposición a publicación Quentadela , un anuario no que se informa sobre a actividade deportiva no municipio. Entre os colaboradores figuran o fisioterapeuta Celso Cespón , que fala dos problemas no lombo; o licenciado en Educación Física Geno Rodríguez , que se refire aos xogos populares; Antonio Muíño , director do complexo deportivo de A Cachada, quen fai balance da piscina; Ana Fernández , que reflexiona sobre o aniversario do CD Boiro; Xosé Manuel Triñanes , quen se ocupou de entrevistar ás campionas galegas Sandra Lojo e Rebeca González ; Alberto Piñeiro , a quen lle corespondeu recoller as impresións de Rebeca Mariño e Goretti Somoza ; o adestrador de remo Daniel Vázquez e a socia da cooperativa Xarelo Paula Tubío . O acto de presentación da revista foi presidido polo alcalde, Xosé Deira, q ue estivo acompañado pola concelleira de Deportes, Dores Torrado .