LA LLAVE
06 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.A MANCOMUNIDADE Arousa Norte é unha Administración semioficial, polo que carece de competencias para tomar decisións que lle son alleas. É como un lobby de presión e xestión, que pode traballar polos intereses comúns dos veciños residentes nos catro municipios integrados, pero son os concellos os que deciden os investimentos froito das consecucións de fondos cando se trata de materias exclusivamente municipais. É bo que funcionen este tipo de entidades porque poñen necesidades en común e marcan obxectivos colectivos. Que a institución apostara nos últimos tempos polo turismo, como eixo central da súa razón de ser, é un acerto, xa que só a través dun órgano común as vilas de Barbanza poden acudir a feiras e facer actos que, por si sos, non terían capacidade de afrontar. Os resultados dunha promoción exterior nunca se aprecian a curto prazo. Hai que ter paciencia.