A CHAVE
14 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.AÍNDA QUE semella que hai empresarios que non se deron conta, este é o momento que Barbanza estaba esperando para conseguir que o turismo saia dunha vez por todas do estado de anquilosamento no que se atopa e despegue para converterse nun dos motores da economía da comarca. A Xunta, a Deputación e os catro concellos de Arousa Norte están dispostos a por enriba da mesa a escalofriante cifra de dous millóns de euros para converter a zona nun produto atractivo para os forasteiros. Agora só fai falla que os empresarios do sector deixen a un lado a rivalidade que manteñen co negocio do lado e se agrupen, xa que os beneficios para un serán os beneficios para todo o colectivo. Non poden esquecer que, se alguén vai sacar proveito dos logros que Barbanza consiga no eido turístico, ese vai ser precisamente o colectivo de empresarios do sector.