Competencia aberta

| MONCHO ARES |

BARBANZA

MENTRES TEÑAMOS que pasar polo aro dunha empresa para, por exemplo, poder acceder ás autopistas da comunicación dificilmente poderemos disfrutar do servizo en igualdade de condicións. Din que a vida é así, que un contribuínte de Mazaricos é tan igual ante Facenda como outro de Ribeira, pero este último, por exemplo, pode cubrir a declaración da renda por Internet, e o outro, verase obrigado a facerse, no mellor dos casos, co programa Padre que distribúen nas oficinas da Axencia Tributaria. Isto pasa hoxe, como ocorría onte e antonte. E botámoslle a culpa á compañía adxudicataria, e temos razón, pero tamén ten responsabilidade a Administración, a mesma que pon en marcha un programa, subvencionado pola Unión Europea, e concédello a unha firma que vai incumprir os prazos. Non se apuren, no vai pasar nada, a banda ancha chegará cando cadre... porque non hai competencia.