DESNDE FÓRA | O |
03 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.NON É nada doado desbotar esa percepción de que os funcionarios públicos nin traballan, nin renden e que teñen moitas prebendas o que, dalgunha maneira, non deixa de ser certo pero que tampouco é verdade. Por iso, a renuncia do presidente do Real Madrid pode axudar a que a xente entenda os motivos dese clixé que se lles atribúe aos profesionais dos servizos públicos. Florentino Pérez é un home de empresa con centos de traballadores e, de seguro, que lle plantexan menos problemas que os xogadores mellor pagados do mundo ¿Cómo entender isto? O presidente madridista non achinou querendo facer un equipo con figuras que destacaban, por separado, noutros equipos, precisamente porque alí xogaban en equipo, cousa imposible nun club no que se xuntan xogadores que están pensando máis no seu lucimento persoal que no traballo en grupo. Por iso, hoxe en día, os administrativos de Ribeira son tan eficaces polo menos coma cando, anos hai, no seu plantel predominaban os técnicos. No mesmo erro que Florentino caen os nosos alcaldes cando estruturan os equipos de persoal sen axustar as características de cada funcionario no conxunto da Administración. E o máis grave aínda é que nin se toman en serio algo tan importante para os veciños, asinando convenios colectivos que non priman a eficacia nin a formación continua, nunha estrutura con moitos medios técnicos pero carente de fins. ¿Por que, poño por caso, os policías locais de Rianxo ou do Son, sendo menos con relación á súa poboación, son máis dilixentes que os de A Pobra? Porque aqueles teñen conexión cos demais compañeiros, mentres que os pobrenses, igual que os galácticos, andan por libre, sen disciplina, sen mando e sen coordinación. ¿Culpa deles? ¡Non! Pero o gran mérito do presidente do clube branco está en que, recoñecido o seu erro, asúmeo responsablemente.