O segredo está na caña

JOSÉ R. CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

06 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

CANDO SE fala de Ourense, axiña nos ven ao miolo a roda e o asubio do afiador, profesión que, en certo modo, foi exportada das terras de Blanco Amor. O que xa non é tan doado atopar, de xeito espallado e fóra do terruño, é a persoas como Blasinda. ¿E quen é Blasinda? Blansinda é unha muller de Ribadavia, bohemia ela e xa metida en anos, que se adica a vender productos typical Gallaecia¿s pola beira do Mare Nostrum, convencendo a franceses, ingleses, alemáns, e a quen se lle poña por diante, dende Girona ata Málaga, das virtudes dos nosos froitos. Pero, segundo me confesou polo baixiño, o negocio da Blasinda, o que de verdade lle dá unhas boas perriñas, non está nos queixos de tetilla nin nas tortillas feitas con patacas da Limia, que di ela, senón na augardente «da casa», tanto a que expón, sin etiquetado algún, nas feiras e mercados, como a que lle vende á folgada clientela que fixo na hostelería mediterránea. Pregunteille de onde sacaba tanta caña. «Pois de acó e de acolá e, tamén, da túa terra», contestoume, ao mesmo tempo que reflexionaba que xa non se destilaba tanto bagazo como antes o que, segundo Blasinda, «a moitos lles vai pesar, pensando que todo está no marisco». Cando lle falei do proxecto vitícola dos viños da terra barbanzáns, díxome que, entón, aínda quedaba algunha persoa intelixente.