Babilonia

J. R. CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

29 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NAS DERRADEIRAS eleccións europeas, o PSOE acuñou o gran eslogan electoral de que voltabamos a Europa e, para amosarnos as súas conviccións no proxecto da solidariedade europea, axiña puxeron en marcha o grandioso referendo. Pero o atranco máis caralludo que teñen agora os nosos socialistas para acadar esa tan desexable unidade de destino no universal, como dicía aquela asignatura do franquismo, resulta que non está no BNG, senón nos seus homólogos franceses, e non entenden por qué, cando é moi sinxelo. Vexamos. Na UE pasa, máis ou menos, o que pasa na nosa bisbarra. Por exemplo, Isaac Maceiras arranxa a escasez de atraque no porto comercial coa bandeira Life e Pedro Piñeiro aboga polo papel tisú, mentras Porto do Son e Boiro proxectan a alternativa turística nos campos de golf, etc, etc. Despois está o tema da cohesión territorial. Así, mentras se van facer 43 kilómetros de autoestrada para Barbanza, ¿Canto tempo leva percorrer os oitenta que hai dende Carnota pasando por Muros, Mazaricos e Noia ata Santiago por unha estrada de diolopaguiño? Claro que todo isto non é novo. A mesma Torre de Babel, non se chegou a rematar porque a xente non se entendía e, mentras uns poñían os ladrillos, os outros esquecíanse de facer a cimentación. Pois ben, de momento, iso é como se está desenrolando o proxecto europeo