Volta ao mesmo

VEIRAS MANTEIGA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

22 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

UN AMIGO meu, falando hai uns días da demisión dun ministro francés despois de que un pequeno xornal sacara á luz o seu patrimonio e o gasto en alugar un apartamento con cartos públicos, contábame que en España iso non se vería nunca. Un dos seus razoamentos, que coido certo, é que en Francia prima antes de nada o senso de república. Estou totalmente de acordo con el, e iso fai que os xornais, as súas noticias, teñan máis importancia que aquí. E senón lede varios dos nosos periódicos e veredes que todos din as mesmas cousas. ¿Onde está a critica constructiva? Que un político neste país compare un buraco nunha rúa de Barcelona coa catástrofe do Prestige , e que outro, se cadra o mesmo, diga, referíndose ao seu goberno, que o tratan coma unha muller maltratada, ¿ten sentido?. Na política tamén hai que ter a coraxe de demitir, de poñer o seu posto a disposición do pobo, e non, como pasa na maioría dos casos, agarrarse contra ventos e mareas. Nas vindeiras eleccións, os españois tiñamos que facer un varrido xeral, pero para iso habería que modificar as leis electorais. As municipais, que sexan a dúas voltas. As lexislativas, por provincias ou distritos. Unhas listas máis achegadas ao cidadán. ¡Algunha sorpresa había de haber!.