LA LLAVE
30 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.BEN SEI que o enunciado non é orixinal. Parafrasea o Sempre en Galiza de Castelao, pero insisto en empregalo por esa facultade que ten Rianxo para estar representado no cumio da cultura galega. Non vou lembrar novamente ás ilustres figuras que saíron desta vila ullán. Voume referir só a Xosé Luís Axeitos, ó que tiven o pracer de coñecer alá polo ano 2001 cando lle foi concedido o premio Voces del Año pola súa labor cultural. Tocárelle estar na mesa presidencial xunto con autoridades como Cuiña, Fernández de Mesa ou García Malvar. En máis dunha conversa, tivo que defender teses moi distantes dás dalgún interlocutor. E fíxoo con elegancia e educación, sin erguer a voz, paseniño e clariño, como fan as persoas sinxelas e humildes, pero moito máis quen está asistido pola razón. E Axeitos ten a razón que lle deron anos de traballo e investigación. Noraboa ó novo académico. Noraboa a Rianxo.