As espiñas das sardiñas

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

08 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

DA A impresión de que o Goberno de ZP ve xigantes onde, somentes, hai muíños, algúns deles de moi boa moenda, como o seguinte, que semella querer derribar. Si de moitas cousas se pode ennobrecer A Pobra do Caramiñal é coa de contar cun centro de preescolar e outro de FP exemplarmente rexidos pola comunidade relixiosa Virxe do Monte Carmelo, que guía a irmá Remedios, sen esquecer o seu comedor infantil a cargo da tempranza e o agarimo de Jaime Chouza. Coincidentemente co que hoxe se vislumbra en España, tamén houbo un goberno socialista pobrense que tentou deslexitimar esta xestión do finado alcalde, Segundo Durán, coa condesa de Fenosa e a devandita comunidade relixiosa, baixo os auspicios da Fundación Pedro Barrié de la Maza, coa excusa dunha defensa purista da educación laica, do que, por prudencia política, recapitulou, aínda que, iso sí, amolándolle unha mísera subvención para gastos de limpeza da escola, que formaba parte do acordo entre as tres partes. Certo é que as leis pódense trucar. Cousa ben distinta é a de tentar facer de oito anos dun goberno democrático un borrancho. Un refrán di que non hai sardina que non teña espiña e, se houbese que falar dalgunhas das do PSOE, atragantaríanselle a calquera, somentes con evocalas.