«Spain for sale»

VEIRAS MANTEIGA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

17 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O QUE máis ou menos ben a dicir: «Se vende España». Esto ven a conto de que asemella que os extranxeiros, ingleses, alemáns, holandeses... son os maiores mercadores de vivendas na costa do Mediterráneo. En principio non teño nada en contra, total xa fai tempo que o levan feito en Francia e outros países. O que máis me molesta é que este país se venda a calquera ofertante, a diñeiro moitas veces de procedencia descoñecida, pero tamén, sendo os mais europeos dos europeos, os outros países a que permitan o mesmo que nós. Poñamos por exemplo Dinamarca: gustaríame que un español ou francés fose alí mercar un terreo ou unha vivenda. E estaría disposto a apostar que non o tería tan doado, por non dicir imposible. Por eso somos os mellores alumnos da Unión Europea. Privatizouse e vendeuse todo a inversores extranxeiros, e agora faise o mesmo co noso chan, ca nosa terra... e así presumimos de coches grandes, sinal de que somos os máis pobres de Europa. E se minto ollade a cantidade de Audis, Mercedes, BMW e todos terreos que se ollan nas nosas estradas. Hai aquí máis coches alemáns que en Alemania, que xa é dicir.