DENDE FORA | O |
18 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.PASEI A metade da miña vida fóra do meu país, e vexo coma hoxe se fala de Al Andalus: que é unha parte do terrritorio español, ou sexa, Andalucía. Xa sei que o seu nome non ven do castelán, nin do latín ou do grego: ven do árabe, o que non quere dicir que pertenza a esa comunidade, xa que coma antes dixen, faino no territorio, estado ou reino español. Ven isto a conto de que, na historia e crenzas do mundo árabe, non islamista concretamente, segue contándose aos seus rapaces que esta parte do territorio segue a ser deles, e que hai que conquistalo. E fago esa afirmación, ao contrario do que algúns poden pensar, con coñecemento de causa. Ben, cada un é libre de pensar o que queira, e se seguimos por este camiño, esta reinvindicación tamén a poden facer os gregos, os romanos, os celtas, os franceses... e incluso os galegos. Por esta lóxica, nós, españois, tamen podemos ter pretensións sobre Bélxica, Holanda, media Italia, Filipinas, parte de Estados Unidos ou case toda Iberoamérica. Non teño nada en contra da cultura árabe, da que ás veces temos que aprender, pero si desa manipulación que algúns fan cos seus rapaces, contándolles historias que, coido, están lonxe da realidade. Fai tempo que as cruzadas remataron, nun e noutro sentido, mesmo se algúns pretenden cambiar á súa maneira o rumbo dos pobos coméndolles o coco aos seus rapaces, de tal maneira que chegan a ser uns iluminados e que non merecen nin unha liña miña.