Moito por facer

MAR DOPICO

BARBANZA

ERA VISTO | O |

08 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

HAI UNHAS semanas presentabase en Boiro un taxi axeitado para o transporte de discapacitados. É certo que este é un exemplo do que se debe facer, pero non hai que esquecer que aínda falta moito para que este colectivo poida desenvolver unha vida normal. Non hai máis que ver as beirarrúas, cos seus postes no medio e medio, ou os inmobles públicos nos que é obrigado subir escaleiras.