ERA VISTO | O |
04 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ISTO É insoportable. Cando chega o verán non se pode sacar o coche á rúa. Dende Rianxo ata Muros, pasando por Boiro ou Noia, non hai onde aparcar. Os accesos ás praias están abarrotados. Aínda por riba, algúns concellos permiten que se poñan obstáculos nas rúas para cobrar unhas tasas a maiores. Así, podemos ver andamios, grúas ou barracas das festas. E os coches, polo monte.