Medalla

MAR DOPICO

BARBANZA

ERA VISTO | O |

26 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

NON PODE ser. Dicía un mariñeiro diante do televexo, cando anunciaban a concesión da medalla de Galicia a Cascos. Non entendía nada. Estivo en Aguiño limpando chapapote. Pasou penurias e viu como o fuel se acercaba á ría. Non tiñan nin onde botar os residuos. Case todos apuntaban ó Ministerio de Fomento como o responsable. Pero vaites, condecórano. Isto é Galicia.