DESDE FUERA | O |
17 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.RENUNCIAR, DEIXAR o cargo que se desempeña. Esa é a descrición que o diccionario fai da palabra dimitir. En política tal acepción debe ter outro resultado, algo máis difícil de cumprir porque senón non se explica porqué hai tan poucas. En política cando se promete unha cousa e non se cumpre, cando se espera unha cousa e sae outra, ou cando un medita -quizais esto sexa o máis complicado- e pensa que non pode facer máis, debe dimitir. Na vida real chega na maioría das veces co arrepentimento ou coa petición de desculpas. En política a cousa cambia, non hai perdón nin arrepentimento, hai dimisión, aínda que soe a eslogan reaccionario. ¿Cantos candidatos dos que lle pediron o voto hai escasamente un mes recoñeceron que perderan as eleccións? Seguramente moi poucos e, aínda así, seguro que non pensan que o fixeron mal ou se equivocaron na campaña e non dimiten. Lóxicamente non tódalas oposicións de tódolos Concellos da nosa comarca deben abandoar. Vostedes, que son moi listos, saben que non se pode xeralizar. Aínda así, con tódalas formacións que concorriron en Barbanza, Muros e Noia ás eleccións locais, non lles estraña que ninguén se desculpara en público polos resultados, quero dicir ¿non lles estraña que ninguén dimitira?.