«Un plan de urbanismo é indispensable para o desenrolo armónico»

La Voz

BARBANZA

17 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Moitas son as actuacións realizadas nestes catro anos de mandato, ainda que José Luis Torres Colomer afirma ter outras tantas xa en carteira. -Un plan de urbanismo é un instrumento indispensable para o desenrolo armónico do municipio. Neste caso, o máis bonito foi que se aprobase por unanimidade. Entre todos logramos facer o mellor plan para Ribeira. Tamén foi importante o plan de Abesadas, que estaba durmindo dende o ano 64, pero eu tamén resaltaría a residencia da terceira idade; a gardería, que esperemos que abra as súas portas coincidindo co próximo curso escolar; o punto PIF, porque de non telo os barcos con bandeira extranxeira non poderían alixar aquí. Outra obra importante é o novo peirao exterior. E non me gustaría esquecerme do certificado de calidade obtido pola unidade de drogodependentes. -¿Cal é o seu principal reto a partir do 25-M? -Lograr que a vía rápida sexa desdobrada en autovía segundo os prazos, dotar a Ribeira de chan industrial, conseguir a nova estación de autobuses e construir a vía de circunvalación hacia o Touro, dende Xarás. Tamén levar a auga potable a Oleiros, Olveira e Corrubedo e facer un centro de día para persoas maiores. -¿A Diputación provincial está perdida? -Penso que non. Aínda que tampouco estamos sobrados de votos. Creo que non haberá problema en manter o resultado segundo din as enquisas e tal e como vai a campaña. Houbo un baile de votos no partido xudicial de Ferrol onde se perdeu un deputado que gañou o partido de A Coruña.