DENDE FÓRA | O |
09 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.CRER NO moderno, no novo, será sempre un debater, un discrepar. Unha multiformidade de conceptos tan antigos coma o home. Ou será, tan só, recuncar na eterna dúbida... O ser desposuído diante do descoñecido. Moito se leva escrito sobre o feísmo arquitectónico. Demasiados adefesios que nos caen coma bombas na médula da nosa paisaxe. ¡Non me gusta esta casa! Dicíalle o pintor Luís Seoane na Coruña ó escritor de Rianxo Rafael Dieste. ¡Pois esto non é nada, agarda a que lle quiten o andamiaxe e verás!A resposta de Dieste, ilustra a complexidade estética das nosas construccións, do noso urbanismo. A barbarie está servida. Coido que o verdadeiro peso deste atropelo recae sobre os arquitectos, pouco sensibles co entorno. Logo, aínda máis, a responsabilidade dos concellos e da Xunta. Incapaces en vintecinco anos de gobernos democráticos de desenrolar unha lei do solo que remate con esta anarquía brutal.Nestas épocas preelectorais multiplícanse as actuacións á marxe da lei co consentimento de quen tería que facela cumprir. O eximente de ignorancia non exculpa a quen prevarica. Logo aturamos eses monumentos á insensatez. A nova lei do solo de Galicia debe ter cordura, que así sexa.