O Campus Encestarías abre a inscrición ofertando dúas quendas
VILAGARCÍA / LA VOZ
VILAGARCÍA DE AROUSA
03 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
O campus de tecnificación que cada verán organizan os responsables do Torneo EncestaRías vén de abrir o seu prazo de inscrición. Faino desta volta cunha importante novidade. Ante a boa acollida recibida nas últimas edicións, incorpora unha segunda quenda, de maneira que os interesados poderán gozar da experiencia en Vilagarcía do 29 de xuño ao 4 de xullo ou do 6 ao 11 de xullo.
Cada quenda contará cun máximo de 85 prazas, 70 con opción de interno no Hotel Leal. O EncestaRías resérvase anular a segunda delas no haber a lo menos 65 inscritos en cada quenda.