Unha ruta con moitas paradas para gozar das luces de Nadal en Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

O Concello organiza a primeira edición dun concurso de decoración ao que se sumaron asociacións e particulares

27 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

En Valga, o Nadal vívese dunha forma particular. Que o belén artesanal en movemento teña nacido nesta localidade do Baixo Ulla non é unha casualidade: os nacementos teñen unha fonda tradición nos fogares da vila. Querendo darlle un pulo a ese amor polas festas do inverno, polas decoracións e polas luces, o concello iniciou este ano un concurso no que participan colectivos e particulares. O certame naceu co «fin de promover a creatividade, dinamizar os diferentes núcleos do municipio e fomentar o embelecemento do espazo público durante estas festas». Cinco asociacións —veciños de Raxoi decoraron a fonte, os de Campaña o campo da festa, os de Cerneira varios puntos da aldea, os da Praza do Souto centráronse nese lugar, ademais de Asdivalu, que decorou o Codi— e oito particulares —dos lugares de Laxes 20A, Sixto 28, Devesa 19A, Casal de Eirigo 25B, Forno, Carballa 123G, Carracido 1 e Castiñeiras 3— ­participan no certame, para o que se habilitaron diversos premios en vales de compra para os establecementos da vila. Os primeiros tres premios son de 200, 150 e 100 euros; o resto dos participantes recibirán 50 euros.