Pontecesures abre o prazo de inscrición para o seu campamento de Nadal
PONTECESURES / LA VOZ
PONTECESURES
A programación desenvolverase entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro
03 nov 2025 . Actualizado a las 20:51 h.O Concello de Pontecesures vén de anunciar a celebración dun campamento de Nadal que se desenvolverá entre os días 22 de decembro e 5 de xaneiro. Cada día, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, os nenos e nenas de tres a doce anos que participen poderán gozar dunha chea de actividades, cun programa que facilita a conciliación familiar e laboral durante as vacacións escolares. O lugar escollido é o pavillón polideportivo municipal.
O prazo de inscrición comezará este mesmo luns e ficará aberto ata o 14 de novembro. Os interesados poden ampliar a información recorrendo á páxina web do Concello, www.pontecesures.org.