Un vermú cunhas pingas de compromiso

La Voz

CAMBADOS

MARTINA MISER

Paulinha asomará de novo a súa mirada inqueda e soará o seu verbo comprometido nunha sesión vermú en formato acústico na súa vila

15 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • 13 h • Cambados • Rúa Real • De balde • Está a cambadesa Paula Chaves nun momento especialmente doce. A xira coa súa banda está a recibir non poucos recoñecementos e loubanzas en toda a xeografía galega. Sen ir máis lonxe a semana que ven compartirá escenario en Malpica cos míticos Ruxe Ruxe. 

Pero antes, este domingo, asomará de novo a súa mirada inqueda e soará o seu verbo comprometido nunha sesión vermú en formato acústico na súa vila. Acompañada ao caixón por Chagy e con algunha outra sorpresa que non quere desvelar, Pauliña amosará ata que punto nas distancias curtas a súa música gaña en emoción, en paixón e ata en intensidade. Que de todo iso a cambadesa vai sobrada.