O BNG reivindica a recuperación neste 2026 do premio de poesía Bouza Brey
AROUSA
O premio de poesía Bouza Brey foi, durante anos, un referente dentro do eido da literatura galega. Logo dun longo tempo sen a súa convocatoria, o certame regresa a Vilagarcía en boa medida grazas ao BNG, que insistiu e negociou a súa incorporación aos orzamentos municipais do 2025. Froito desta iniciativa chega a súa recuperación con periodicidade bianual. O prazo de admisión de orixinais comezará en canto se fagan públicas as súas bases e rematará o 1 de maio deste mesmo ano.
A resolución do xurado, explica a formación que lidera Xabier Rodríguez, darase a coñecer na primeira semana de decembro. Ademais dunha contía económica de cinco mil euros, o premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego, ata un máximo de mil exemplares do texto, así como a súa edición dixital durante cinco anos. A obra gañadora será publicada na colección Dombate de Galaxia.