Iván foi o autor do único tanto do encontro
11 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Arousa abriu a segunda volta da División de Honor Juvenil cunha vitoria de postín: 1-0 sobre o Real Oviedo. Unha saída en tromba dos pupilos de Perú materializouse en varias ocasións claras de gol e o tanto de Iván no minuto 15, nunha contra. O Arousa seguiu dominando ata o descanso, defendendo o 1-0 na segunda parte.