O PP da Illa critica a Arosa por mentir sobre a sentenza de acoso laboral

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Matías Cañón, do PP da Illa de Arousa
Matías Cañón, do PP da Illa de Arousa MONICA IRAGO

O partido na oposición cualifica de «lamentable» o comunicado emitido polo alcalde

16 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Os populares da Illa de Arousa aféanlle ao alcalde, Luis Arosa, ter mentido sobre a sentenza do caso de acoso laboral no que se atopaban inmersos tanto o rexedor coma o Concello e que se fixo pública hai uns días, na que o tribunal obrigaba a pagar ao ente municipal 8.000 euros ao denunciante aínda que non entraba a valorar, por non considerarse competente, o posible acoso.

O partido na oposición cualifica de «lamentable» o comunicado emitido por Arosa, no que «ocultou un feito indiscutible, e é que o Concello da Illa foi condenado». Esixen a comparecencia pública do alcalde para dar explicacións sobre o fallo e exhortan ao grupo local do PSdeG, que gobernaba no momento dos feitos denunciados, que pague os 8.000 euros do seu peto.