Amigos de Fefiñáns rexeitan as condicións dos concertos da Festa do Albariño

maría santamaría / R. E. CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A asociación propón distintas solucións e destaca o carácter público da praza

16 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación Amigos de Fefiñáns oponse a que os concertos da Festa do Albariño afecten á integridade física do conxunto patrimonial do complexo pacego. Dende a asociación destacan que anteriormente o Concello manifestara a súa intención de trasladar os concertos á zona do Pombal e que esta nova decisión de realizalos en Fefiñáns aparece cando se está a reparar un anaco do muro da horta grande do pazo que dá a praza, cunhas paredes en perigo de sofrer desprendemento.

Amigos de Fefiñáns din non rexeitar a celebración de concertos porque é un espazo público, pero recalcan que as condicións históricas da praza esixían que se utilizase sempre cunha finalidade pública, non privada. Termos que se incumpren no momento en que se pecha Fefiñáns para celebrar un concerto polo que se paga unha entrada e no que se vende alcol.

A maiores, expoñen algunas solucións ao problema como a busca dunha alternativa á praza como lugar de concertos ou a selección doutras actividades que se adapten mellor ao espazo. Tamén lembran a necesidade de notificar á Dirección Xeral de Patrimonio das actividades que se vaian a realizar na praza e pide que se eviten os peches ou obstáculos que impidan o accesodos visitantes á Fefiñáns.