Alumna de 6.º B no colexio do barrio, a asociación Breogán fíxolle entrega do seu merecido premio
24 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O barrio do Piñeiriño alenta o lume preparando a súa grande cita de San Xoán. Polo pronto, a asociación de veciños Breogán entregou onte o premio á gañadora do concurso para o deseño da camiseta coa que conmemorará a noite máis curta do ano. Trátase de Ariadna Martínez Castro, estudante de 6.º B no CEIP O Piñeiriño. Ariadna, que estivo acompañada polo seu pai e a súa irmá, gañou unha das camisolas e un cheque de cincuenta euros que empregará na libraría Meganova, a que ela mesma escolleu. Ademais, na véspera de San Xoán subirá ao escenario. Para conseguir unha prenda pódese contactar con Breogán por Facebook, Instagram ou WhatsApp no número 630 773 455. Son 15 euros.