O Atlético Arousana asina a súa primeira vitoria da Liga, con dobrete de Diana

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A dianteira marcou os dous goles do 2-0 final nos minutos 74 e 77

23 ene 2021 . Actualizado a las 20:10 h.

Metade e dous partidos da primera fase de Liga de Primera Nacional precisou o Atlético Arousana para celebrar a súa primeira vitoria da tempada. Na tarde do sábado, na Lomba, a estrea de Nando González coma primeiro adestrador do conxunto vilagarcián saldouse cun 2-0 sobre o Victoria F.C. de Santiago, que chegaba ao encontro como terceiro mellor equipo do subgrupo 1A. Diana, autora dos dous tantos, foi a gran protagonista.

Calquera que coñeza a Liga sabe, ou a lo menos sabía ata entón, da extrema debilidade defensiva do Atlético Arousana. Empezando, loxicamente, por Nando González. O técnico rianxeiro apostou no seu debú por facer forte atrás o seu equipo, buscando neutralizar a saída do balón rival tratando de percutir ao contragolpe, pero sempre coa máxima cautela unha vez co esférico en posesión, sen complicarse nunca a vida. E a aposta foi recompensada.

Con 0-0 se chegou ao descanso, co empate instalado tamén na relación de chegadas de perigo, un par por bando. Ao regreso ao campo Iria blindou a portería local, abortando un libre indirecto do Victoria F.C., ata que Diana puxo por diante o Arousana no 74 aproveitando un pase en longo de Mel, anotando o 2-0 só 3 minutos despois executando a gardamallas visitante asistida nun cambio de dirección por Míriam Señoráns. Despois as de Nando demostraron por fin saber nadar e gardar a roupa.

O domingo é a quenda do Umia C.F., que no campo do Sárdoma procura desde as doce da mañá a que sería a súa cuarta vitoria consecutiva.