Arousa: O Asmubal Meaño cae coa S.A.R. e non sae do pozo
O equipo de Luis Montes xogará tres partidos aprazados antes do inicio da segunda volta
vilagarcía / la voz
Moi complicadas se lles están a poñer as cousas ao Asmubal Meaño na tempada do seu regreso á División de Honra Prata Feminina. Logo de celebrar o regreso cun contundente triunfo sobre o Siero Deportivo Balonmano o 26 de setembro, 33-26, o conxunto que dirixe Luis Montes encadeaba o pasado domingo a súa novena derrota consecutiva, 22-34, ante a S.A.R. Rodavigo. Un equipo este último da metade da táboa.
Dez minutos aguantou o cadro do Salnés o seu último rival, que en cinco minutos dobrou a súa vantaxe de dous goles, para chegar ao ecuador da primeira parte 6-10 por diante no marcador do Pavillón Coirón Area. Ao descanso o 9-17 deixaba todo visto para sentenza.
Con este desenlace, o Asmubal Meaño queda ancorado e solitario no último posto da clasificación do Grupo A da División de Honra Prata Feminina con 2 puntos. Certo é, con tres partidos aprazados para completar unha primeira volta oficialmente concluida. O primeiro deles, o que o enfrontará este domingo, desde as 17.30 no Coirón Area coa A.D. Carballal, antepenúltimo clasificado con 4 puntos.
Comentarios