Estima que esta vida basease en facer apostas, coma el fixo pola Universidade de Vigo no seu nacemento, cando puido ter quedado na de Santiago con praza en propiedade, ou cando se lanzou á pelexa polo primeiro decanato electo da Facultade de Ciencias en Vigo en 1991, ou cando loitou por obter fondos para a transformación organizativa das cadeas de montaxe de PSA. «Foi unha revolución que permitiu a Citroën fabricar máis dun modelo á vez, como o foi tamén a clusterización de sectores produtivos de Galicia que impulsamos desde a dirección xeral», engade para remarcar a súa obsesión pola rendibilidade dos investimentos e as investigacións. El mesmo ten tres patentes e persegue agora como combater os plásticos no solo e nos mares. En 1983 recibiu o seu primeiro premio de investigación a mans do entón presidente da Deputación de Pontevedra, Mariano Rajoy.
DE ONDE VÉN
-O seu primeiro traballo? Nas milicias universitarias no Exército, cando fun alférez primeiro no Ferral (León) e despois en Fuencarral (Madrid), para acabar no posto de Ibiza dos anos oitenta.