O Arousa, ante a primeira gran proba do algodón da tempada

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

PACO RODRÍGUEZ

Unha semana máis sen Róber nin Pacheco, o cadro de Rafa Sáez mídese a domicilio a un Compostela que non cedeu un só punto no Estadio Verónica Boquete San Lázaro

01 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Estadio Verónica Boquete San Lázaro é esta tarde (17 horas) o escenario do partido central da decimoquinta xornada ligueira da Terceira División en Galicia. Un duelo que para o Arousa supón a primeira gran proba do algodón da tempada. Non só por medirse ao segundo clasificado, o Compostela -tres xornadas atrás xa xogou co lídér, o Ourense C.F., con empate sen goles na Lomba-. Tamén polo feito de facelo ante un dos rivais directos polos catro billetes de acceso á promoción a Segunda División e, por que non dicilo, ao título de Liga nun campo ata hoxe inexpugnable.

Sete partidos leva disputados o Compostela de Yago Iglesias no Estadio Verónica Boquete San Lázaro esta tempada, e sete triunfos acumula nel o equipo capitalino. Somozas (3-0), Barco (1-0), Deportivo Fabril (2-0), Polvorín (2-1), Estradense (3-2), Silva (1-0) e Arzúa (3-0) foron ata hoxe as suás vítimas. Como se ve, entre elas, catro dos oito mellores conxuntos no primeiro terzo do campionato. E o que é tan ou máis significativo, marcando o Compos cinco goles por cada un encaixado, 15 fronte a 3, mantendo a súa portería a cero en cinco dos seus sete choques precedentes como anfitrión.

Todos estes datos foron salientados polo adestrador do Arousa, Rafa Sáez, na súa comparecencia semanal en rolda de prensa para analizar o inminente novo compromiso ligueiro do seu equipo. Unha intervención que arrincou louvando o club santiagués: «El Compostela lo tiene todo. Es un club representativo del fútbol gallego. Está en el póker de equipos importantes de Galicia. Tiene unos medios para trabajar fantásticos. Es un equipo que en estos últimos tres años mantiene una inercia muy buena, con tendencia a ser campeón de Liga. Sabe mover ficha en el mercado de pretemporada para construir una muy buena plantilla, que ha mejorado hace tres semanas con la incorporación de Primo, que hace dos temporadas les dio muchísimo en ataque. Y cuenta con la dirección del mismo entrenador los últimos tres años con una idea muy clara y concreta, muy mimetizado con el club y los jugadores; uno de los entrenadores con mayor proyección en este momento en el fútbol gallego».

Rafa Sáez ten clara a liña de acción que debe seguir o seu Arousa de cara a poder derrotar o Compostela: «Quitarle el balón». Camiño que «no será fácil», di o técnico pontevedrés, por canto o rival dispón de «jugadores buenos jugando al pie».

Con todo, Rafa Sáez advirte que, se ben «el Compostela es, junto al Ourense C.F., el mejor equipo de la categoría, a nosotros nos coge en un muy buen momento; un muy buen momento anímico, un muy buen momento de juego, y un muy buen momento de sensaciones».

Consciente de que «cuanta mayor es la dificultad de ganar, mayor es el valor de hacerlo», o adestrador do Arousa quere os 3 puntos en xogo, toda vez que «a nivel clasificatorio representaría algo muy importante en el devenir de la competición» polo seu dobre multiplicador: diante dun rival directo, e convertendo o cadro arlequinado no primeiro en asaltar o fortín do Verónica Boquete San Lázaro na que sería a súa decimosegunda semana consecutiva en positivo.

Róber e Pacheco volven ser baixa nas filas de Sáez. Enfronte, Yago Iglesias dispón de todos os seus efectivos, agás Micki, baixa sensible pola súa capacidade de desborde e de chegada pola dereita.

Un cento de afeccionados sacan entrada por anticipado

Dous datos dan fe do interese xerado polo Compos-Arousa. O primeiro, a decisión do club santiagués de fixar o partido como medio día do club, coa obriga dos seus socios de pasar por taquilla. O segundo, as case 80 entradas vendidas esta semana por anticipado polo Arousa, a prezo reducido de 10 euros, e 25 invitacións retiradas na Lomba por menores -entran gratis-.