Portos pon a disposición dos bateeiros os amarres do Xufre

La Voz A ILLA/ LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Trátase de 128 novas prazas, para embarcacións con esloras de entre 14 e 22 metros

08 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Portos de Galicia puxo onte a disposición do sector mexilloeiro do porto do Xufre 128 novas prazas de amarre neste peirao da Illa para embarcacións con esloras de entre 14 e 22 metros. O ente público dependente da Consellería do Mar recibiu onte estas instalacións para que os bateeiros deste porto poidan usalas de xeito inmediato.

Esta dotación foi consensuada previamente co sector, adxudicada por un orzamento de preto de 3,4 millóns de euros e dará resposta a unha demanda histórica dos profesionais arousáns. As instalacións para o atraque están na dársena central do porto, que é onde as embarcacións mexilloeiras realizan os labores de descarga e están realizadas con pantaláns de formigón armado de tres metros de longo.