Carril engraxa o motor para unha fin de semana de cultura mariñeira e tralla musical variada
05 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.O programa propón moitas outras cousas, pero a música non deixa de ser o propio de Ameixa Rock, o festival carrilexo que esta fin de semana chega á súa sétima edición. A Duendeneta abrirá lume o venres á noite, aínda que os pesos pesados chegarán o sábado. Dende a sesión vermú a cargo do dúo The Perfect Strangers ata o escenario central, que a partir das nove verá desfilar a Malasömbra, gañadores do concurso de bandas emerxentes, e o punk de garaxe de Terbutalina, cun novo traballo e dous adiantos rulando xa polas redes: Muinheira De Costa e Marisco Barato. De seguido, virada radical con N. E. O., a banda que lidera o guitarra de Los Suaves, Alberto Cereijo. Metal técnico, depurado e concentrado en Objeto Cercano A La Tierra, o seu primeiro disco. TNT Band e DJ Barbitúrico pecharán a noite.