O Atlético Arousana pecha a primeira volta cuarto

vilagarcía / la voz

AROUSA

Perdeu 2-3 co segundo clasificado, o Friol, ao que dominaba 2-0 a falta de 20 minutos para a conclusión do partido

12 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Cuarto con 20 puntos, con seis triunfos, dous empates e catro derrotas. Así vén de pechar o Atlético Arousana a primeira volta de Liga na súa tempada de regreso á Segunda División do fútbol feminino español. Caendo o pasado domingo 2-3 no campo da Lomba co segundo clasificado e único aparente aspirante a destronar o El Olivo, o Peluquería Mixta Friol.

Un duro golpe este último pinchazo, por gozar o Arousana dun 2-0 no minuto 49 e tras unha primeira parte que puido rematar cunha ventaxa ampla, para ver como o cadro lugués remontaba o choque con tres tantos entre o minuto 71 -de penalti- e o derradeiro do tempo regulamentado.

ATLÉTICO AROUSANA: Rocío, María Arufe (Paula, min 85), Sara Pazos, Caro, Bárbara, Zaira (Miri, min 72), Ari (Carla, min 64), Sarita, Cristina, Belén e Nuria

FRIOL: Malena (Jéssica, min 60), Míriam, Janire, María, Estefanía, Covadonga (Lucía, min 56), Eva, María Corral (Sabela, min 63), Natalia, Laura e Raisa

Goles: 1-0, min 32: Belén. 2-0, min 49: Nuria. 2-1, min 71: Laura (de penalti). 2-2, min 80: Eva. 2-3, min 89: Natalia.

Árbitro: Daniel García (Galicia). Amonestou as xogadoras locais María Arufe e Cristina.