AAsociación de Nais e Pais O Piñeiro, do Colexio Público do mesmo nome non é unha asociación política nin tampouco partidaria. A nosa finalidade é axudar en todo aquelo que beneficie a calidade do ensino que reciben os nosos fillos e fillas, así como mirar polo seu futuro e benestar. Neste momento temos que mostrar a nosa oposición ao deterioro que se está dando no ensino público e ao trato inxusto que están a recibir os mestres dos nosos fillos e fillas. Tamén temos que dicir que as razóns das mobilizacións son reais e de consideración, e non un capricho: o incremento da xornada de 21 a 25 horas lectivas (que son as de dar clase); a obriga de realizar funcións que os mestres entenden que non lles corresponden; a reducción do número de docentes a pesar de aumentar o alumnado, ou o recorte do presuposto da escola pública. E se existen estas razóns graves, a Administración educativa galega debe buscar vías de diálogo e arranxo e non usar a vía da imposición e da confrontación.
Nós, as familias, somos dos principais prexudicados por esta situación, polo cal creemos que hai que arranxar e reconducir a mellora e a calidade do ensino e non ao reves. Que exista crise non significa que teñamos que sacarlle ao ensino e á sanidade. Con estas medidas imos a perder, todavía mais, en calidade de ensino e en actividades nos centros. Por todas estas razóns, desde a ANPA do Piñeiriño manifestamos a nosa solidaridade coas mobilizacións do profesorado galego e cos mestres e mestras do noso colexio e solicitamos da Consellería de Educación da Xunta que retome a vía do diálogo e a defensa clara do Ensino Público.