O fanzine «Sinónimos de lucro » abre unha mostra que percorre o seu traballo

Carolina Laya VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

14 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O auditorio de Vilagarcía acolle dende onte unha mostra do traballo dos autores do fanzine Sinónimos de lucro para conmemorar o seu primeiro aniversario. Orixinais, series, traballos particulares e incluso unha mostra de fotografías dos certames nos que estiveron presentes dende que comezaron a traballar, conforman esta exposición na que destacan o uso do cartón e os posits que David Buceta, representante dos autores, liga ao feito de que «son materiais que se relacionan con baixos presupostos, e este é o noso caso».

Esta exposición coincide, ademais, coa saída ao mercado do terceiro número da súa revista, que en Vilagarcía se poderá adquirir na libraría Antón. Os autores de Sinónimos de Lucro manterán por agora a periodicidade semestral destas publicacións, aínda que, a tenor do éxito rexistrado até o momento polo fanzine (a revista pasou de 48 a 68 páxinas), xa se pensa en saír ao mercado con maior frecuencia.