«As estrelas entre os nenos son Bob Esponja e o Patito Feo»

Rosa Gallardo MUROS/LA VOZ.

AROUSA

25 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A decoración é o oficio no que Mary Tubío Agrafojo comezou a traballar por iniciativa propia e no que despois de varios anos síntese contenta e realizada.

-¿En que consiste o seu traballo?

-Acomodo escaparates e dedícome á decoración con globos de espazos para todo tipo de eventos.

-¿Como empezou?

-Foi case en broma. Probei coa voda dunha amiga e logo coa comuñón do meu sobriño, a raíz deso foron saíndo máis.

-¿Tiña algunha experiencia?

-En Venezuela fixera algo antes de vir e unha vez aquí, ao ver que funcionaba, empecei a formarme xa en serio facendo varios cursos sobre decoración con globos e o manexo de estruturas.

-¿Algún traballo que queira destacar?

-Fixemos o lazo xigante contra a violencia de xénero hai dous anos para un acto na Coruña; e en Noia encargámonos das decoracións de entroido e Nadal na alameda e no polideportivo.

-E na tenda, ¿que ofrece aos seus clientes?

-Regalo infantil e xuvenil. Agora mesmo as estrelas entre os nenos son Bob Esponja e o Patito Feo.

-¿Que lle desgusta máis do seu traballo?

-Ás veces teño problemas nos restaurantes máis tradicionais que non me permiten traballar; é unha sorte que non sexa o habitual.