As meigas apoderaranse de Vilagarcía na súa noite grande

AROUSA

Hoxe e mañá haberá diante do auditorio espectáculos de maxia e de música. Este ano serán dez os poboados de queimada gratis

28 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A noite das meigas estará precedida da Noite da maxia. Desenvolveranse hoxe e mañán, ambas citas ás 22.30 horas e diante do auditorio municipal, para unificar criterios e para gañar un espazo máis na cidade.

Dado que se trata dunha festa na que está prevista unha masiva participación cidadá, dende UPTA e dende o Concello, que actúan como organizadores do evento, queren que sexan dúas xornadas nas que todo o mundo percorra os stands, os escenarios y que se honre ao mundo das meigas e dos meigallos.

O primeiro dos argumentos será durante esta velada. Actuará o mago Willy Monroe durante prácticamente unha hora para presentar o seu espectáculo de ilusionismo, pompas de xabrón, papiroflexia e maxia en directo. Collerá o relevo Tony Urdangarín, que terá o calor dos presentes, gracias ás butacas instaladas pola organización e ás escalinatas do auditorio.

Queimada para todos

Sen dúbida a gran cita será a da noite do sábado, cando se desenvolva a noite das meigas. Haberá actuación musical a cargo do grupo leonés Sog, que amosará que non existen fronteiras neste mundo das artes, xa que a súa aposta entronca directamente coa cultura e a música galegas.

Para cando teña rematado o concerto, ás 23.45 horas, a atención do público trasladarase ata ao atrio da comandancia militar. Prenderanse os fogos de artificio -os máis espectaculares serán lanzados dende a parte superior deste edificio para gañar en seguridade- e á súa finalización comenzará oficialmente o paseo polos dez poboados da cidade.

Está previsto que se queimen 600 litros de augardente, o que daría chupitos para unhas 5.000 persoas. Os colectivos con palloza e polo tanto con poboado son: O noso lar (avenida da Mariña), Protección Civil (praza de Galicia), Afasal (Valentín Viqueira), Fontefría (Conde Vallellano), Teatro Clámide (praza do Castro), A Cantarela (Castor Sánchez), Plaza España (praza de España), Zona Aberta (A Baldosa), Grupo Nós (arcebispo Lago) e Os Remolóns (A Baldosa).

Haberá concurso de disfraces, delicatessen e queimada gratuita para todos. Hai que visitar alomenos cinco poboados.