El homenaje a Pepe Rubianes

AROUSA

13 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Poco se conoce realmente, en este oeste lejano y a menudo despiadado con sus propios hijos, de la verdadera dimensión que Pepe Rubianes alcanzó en Cataluña. Los dos últimos años que permaneció en activo, antes de perder el pulso con las tres cajetillas de Ducados con las que se las veía cada día, se contaron por llenos en el teatro que no abandonó hasta que no pudo más. Rubianes es una leyenda libertaria y creativa equiparable al menos a la de aquel Maki Navaja que le dio popularidad. El lunes, un país, el catalán, le rindió un último homenaje. Fue en el Palau Sant Jordi, ante 15.000 personas, retransmitido en directo por la TV3 y plagado de gentes como el Gran Wyoming , Loles León o El Brujo . Allí estuvo, también, un pedazo de Arousa.

Hubo en Barcelona, efectivamente, una delegación del Concello de Vilagarcía que encabezaron los concejales Dolores Couso y Marcelino Abuín . También participó de la embajada Xoán Mariño, alma máter de Mr. Misto. Su presencia allí respondía a una razón precisa: más allá del respeto debido a un tipo como Rubianes, Loli Couso se está encargando en persona de organizar un segundo homenaje, esta vez en su casa natal, que, si todo sale bien, tendrá lugar en torno al 2 de septiembre, día en el que aquel hombre libre, galaico-catalán, vio la luz en Vilaxoán. El nombre de Vilagarcía recorrió, así, toda la prensa catalana y parte de los rotativos estatales, además de circular con profusión entre los círculos más próximos a Rubianes. Habrá que confirmar fechas y consultar agendas, pero Carles Flavia , Carlos Latre , Tricicle , Manel Fuentes , Serrat , El Brujo , Wyoming, Buenafuente , Loles León o Martirio mostraron su interés por colaborar en el homenaje arousano. El propio alcalde de Barcelona, Jordi Hereu , tampoco descarta viajar a Vilagarcía en septiembre.

Foron uns días de pateadas e sensacións estrañas, había tempo que non visitaba esa Barcelona mesturada de Gaudí, de Guardiola, de Toni Puig, de Jordi O Truco , de outras xentes que foron para alá, é que xa pertencen ao Raval, á Boquería, xentes de aquí que perseguen a AC/DC mesturadas coas de alá, un sen vivir de persoal coa faciana chea e ollares ledos.

Todo foron atencións, isto de levar a unha concelleira como produtora facilita moito as cousas, e se é da Bouza e vén sendo á filla da Coca, cos seus cantares e falares a cousa é para marcar, alén de estarmos para unha boa causa, recuperarmos o emprestado que non roubado.

Os xantares, peteiradas, pateadas, musicais e ceas, fitáronse e no Palau Sant Jordi, nunha contada para 15.000 almas, previo paso por rigorosa taquilla, moito saben os cataláns, ¡ai! Da industria cultural. Conteiros, monologuistas, disertadores, comediantes, xentes da risas, gaitas, cores, eivados e unha das mellores voces do planeta no palco, e na terra as xentes de carnés diferentes o president e o ex-president , o alcalde e a súa dona, que son persoas para tomar un café, modelos, máis modelos económicos, modelos deportivos, modelos da lingua, modelos de todo tipo e xentes, xentes con moi poucos complexos.

Entre uns e outros falouse, xurouse, houbo quen non falou, houbo risa, moita risa, pelos crechos, houbo caixóns cheos de financiamento, El-Rei foi novamente silvado e viuse emocionado, falóuse en catalán, castelán e galego, con moitos carallos polo medio. Un bolo potente, unha enchenta de almas, e todo isto, foi montado a conto dun tipo fillo de emigrantes da Lagoa, un ácrata xeneroso, que dicía o que lle petaba, un tipo que nos doce últimos anos encheu día tras día o seu teatro, só alí no palco, coa palabra, e todo este tinglao por un tipo charlatán, viaxeiro, amante. O PEPE como alí lle chaman, Pepe Rubianes, ou como aquí Pepe O Pedreiro .