Noite de hip-hop na Peixería

La Voz

AROUSA

Esta noite, a partir das once, a praza da Peixería convértese no escenario dun concerto de hip-hop protagonizado por tres novas formacións de Vilagarcía. Trátase dos grupos Doble Acto, Zerokoma e VGA en Llamas.

Polo que respecta a esta última banda, os seus compoñentes explican que a agrupación se formou a partir da fusión de dous grupos anteriores hai tres anos. Composta por tres cantantes e un dj, VGA en Llamas pretende que a xente goce co seu hip-hop, suando co baile e coreando os estribillos dos seus temas, que abranguen dende cuestións sociais ata os problemas da mocidade actual.

Zerokoma, pola súa banda, levan traballando xuntos dende hai dous anos e medio. Gravaron a súa primeira maqueta no 2007, un traballo que constitúe a base da súa actuación. Doble Acto se configuran como un dúo «ao ritmo das rúas». Organiza a Concellería de Xuventude, que dirixe Ana Lorenzo.