12 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.
O título nacional do equipo infantil do Olimpic coincidíu no tempo co regreso de Lúa Piñeiro e de Raul Bouzas de Corea do Sur. Os dous loitadores do equipo vilagarcián regresaron o pasado sábado da concentración que a selección galega absoluta de taekwondo desenvolveu durante quince días no país asiático.
Bouzas, Piñeiro e os seus nove compañeiros de convocatoria adestráronse nas universidades coreanas de Kiung Hee e de Han Che patrocinados pola Fundación Deporte Galego e Pescanova. Entre outras actividades, o programa de traballo do equipo galego incluía unha xornada de adestramento co equipo profesional da Samsung, un dos máis potentes de Corea do Sur.